Sunday 07 de July de 2024

O Concello abre a preinscrición para o servizo municipal de canguraxe durante o vindeiro verán


As solicitudes para os seis espazos de atención á infancia poderán realizarse do 20 ao 22 de maio

O Concello pon ao dispor das familias da cidade un servizo de canguros que estará operativo do 25 de xuño ao 25 de setembro nos seis espazos de atención a infancia dos centros cívicos municipais. O Goberno de Inés Rey aposta por un servizo que é de gran axuda para moitas familias da cidade durante os meses non lectivos do ano.

A preinscrición poderá realizarse do 20 ao 22 de maio nos horarios de apertura do servizo en calquera dos Espazos de Atención á Infancia e Ludotecas Coeducativas. Tamén se poderá facer a preinscrición online na páxina: https://www.coruna.gal/igualdade

Os solicitantes deberán cubrir a folla de solicitude, presencialmente ou online; ter o expediente actualizado e aportar documentación xustificativa dos ingresos da unidade familiar (ambos proxenitores, se procede): nóminas, último pago de autónomos, prestacións, outros.

A publicación das listaxes de admitidos/as farase o 11 de xuño no taboleiro dos Espazos de Atención á Infancia e Ludotecas Coeducativas ou no 010.
As datas de atención do servizo para o verán de 2024 serán do 25 de xuño ao 10 de setembro nos siguientes horarios para cada espazo:
 Labañou/Os Rosales: de 8:00 A 15:00 horas.
 Castrillón: de 16:00 a 20:30 horas.
 Monte Alto: de 8:00 a 15:00 horas.
 Os Mallos: de 8:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas.
 Palavea: de 8:30 a 14:00 horas.
 Mesoiro: de 8:00 a 15:00 horas.
Só se poderá solicitar un único Espazo en horario de mañá e un único Espazo en horario de tarde. De solicitar máis dun Espazo no mesmo horario a solicitude será anulada.
As persoas que precisen a modalidade de atención a domicilio deberán chamar ao Servizo de Canguraxe para facer a correspondente xestión. Teléfono de atención do Servizo de Canguraxe 673 132 372 en horario de 8:00 a 14:00 horas.